Friday 17 de May de 2024

O pavillón municipal de Brión acolle mañá sábado un Maratón de Baile Solidario para recoller alimentos para Brión Solidario


Aquafit Xestión SL, empresa concesionaria da piscina municipal de Brión, e o Concello de Brión organizan un Maratón de Baile Solidario, que terá lugar no pavillón municipal de Brión mañá sábado 17 de decembro, de 11:00 a 13:00 horas. Unha iniciativa organizada para recoller alimentos cos que colaborar coa campaña especial de Nadal de Brión Solidario, que busca recoller alimentos para as familias máis vulnerables do municipio. Para participar neste maratón de baile non é necesario anotarse, só é preciso achegar algún tipo de alimento non perecedoiro e correctamente empaquetados, que nesta ocasión céntranse especialmente en: produtos de hixiene, azucre, cacao e galletas.